Buscar por

XXXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2019 – #premiosLinguaGalega

O Concello de Dodro para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, manifestación sobranceira da nosa literatura, convoca a XXXII edición do PREMIO EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN.

Neste certame poderán participar os/as poetas que o desexen, sempre e cando os traballos estean escritos en
lingua galega
e se axusten aos parámetros normativos do xénero narrativo que se convoca.

Os escritos deben ser orixinais, inéditos, non estaren comprometidos con ningunha editorial, non teren concorrido
a outro certame pendente de resolución nin teren sido premiados.



Os traballos aspirantes ao premio serán de tema e forma libres, terán unha extensión mínima de 500 versos e
máxima de 800. Deben presentarse catro copias mecanografadas, soamente polo anverso e en papel tamaño DIN A-4.

O prazo de presentación dos escritos quedará aberto desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña e rematará o día 11 de novembro de 2019.

A dotación do premio ascende a 2.300 €, cantidade sobre a que se efectuará a correspondente retención fiscal.
Este importe terá, á súa vez, o carácter de anticipo de dereitos de autoría pola primeira edición da obra. O/a autor/autora vai recibir gratuitamente 25 exemplares.

O Concello de Dodro comprométese a publicar o libro de poemas galardoado cunha editorial de recoñecido prestixio, dentro do ano 2020.

BASES COMPLETAS (Es un PDF)