Buscar por

XXIII Premio de Poesía Johán Carballeira – #linguagalega 1.500€

Co ánimo de contribuír a fomentar a poesía escrita en lingua galega, o Concello de Bueu impulsa o XXIII Premio de Poesía Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo o de homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira.

Poderán concorrer a el tódalas persoas físicas maiores de idade que presenten os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do premio nin en ningún outro concurso de poesía.

O prazo de presentación dos orixinais será desde a publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 31 xaneiro de 2020.

O premio terá unha dotación única de 1.500 €.

Bases completas XXIII Premio JOHÁN CARBALLEIRA de Poesía