Buscar por

XVII Premio de Xornalismo Johán Carballeira – #linguagalega 1.500€

Información ofreecida gracias a GetLinko

Co ánimo de contribuír e fomentar o xornalismo en galego, o Concello de Bueu impulsa o XVII Premio de Xornalismo Johán Carballeira, que ten tamén por obxectivo homenaxear e dar a coñecer a figura do bueués Johán Carballeira.

O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Poderán concorrer a el tódalas persoas físicas maiores de idade que presenten os seus traballos, os cales deberán ter sido publicados en medios impresos ou dixitais, escritos en lingua galega.

O prazo de presentación dos orixinais será desde a publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 31 de xaneiro de 2020.

O premio terá unha dotación única de 1.500 €.

Bases completas XVII Premio JOHÁN CARBALLEIRA Xornalismo