concursos literarios artgerust

17.10.2017 in Otros concursos literarios by javiadmin Comentarios desactivados en VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas – #concursosLiterariosGallego 300€

VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas – #concursosLiterariosGallego 300€

Poderán participar todas as Mulleres que o desexen, de calquera nacionalidade ou cultura e maiores de 16 anos. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 microrrelatos que deberán ir escritos en galego normativo.

O tema será libre, pero con especial valoración daqueles que traten e reflexionen sobre os distintos aspectos da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, (corresponsabilidade, dereitos, empoderamento, etc.)..

Enlazando o carácter reivindicativo coa vertente literaria, o microrrelato será por tanto de natureza narrativa e non de mera proclama. Teranse en conta por isto aspectos como a calidade literaria e a orixinalidade das obras.

Os microrrelatos deberán levar título e ter un máximo de 100 palabras(excluído o devandito título).

As obras serán orixinais e inéditas, non estando difundidas por ningún tipo de medio, nin en papel, nin electrónico. Se calquera dos microrrelatos presentados a este concurso incumprise tal requisito, recibira premio ou estivese pendente de resolución noutro certame, quedaría automaticamente descualificado.
Tampouco serán admitidos aqueles microrrelatos que atenten contra os dereitos á intimidade, ao honor e á propia imaxe de terceiros/as ou que podan ter connotacións racistas, sexistas e/ou discriminatorias.

Segundo o número e calidade dos microrrelatos recibidos designaranse até 10 finalistas, entre as que se elixirán os premios do certame:
1º Premio: 300 €, figura e diploma
2º Premio: 200 € e diploma
3º Premio: 100 € e diploma

O prazo de admisión para a recepción de traballos péchase ás 23:59 horas do 15 de novembro de 2017.

Bases completas – formulario participación – Mulleres progresistas Vigo



Related Articles
This article has No comments

Comments are closed.

copyright 2008-2010 Guiadeconcursos.com | some text here if you want

Using AcosminGAZZETE designed by Acosmin Premium