Buscar por

Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018 – #concursosLiterariosGallego #linguaGalega 3.000€

A Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación.

Poderán optar ao premio as persoas menores de 35 anos na data da resolución do premio, de calquera nacionalidade ou procedencia, sempre que as obras se presenten en lingua galega.

Poderán concorrer novelas ou un conxunto de relatos cunha extensión mínima de 100 páxinas, tamaño DIN A4, mecanografadas en Times New Roman 12 a dobre espazo por unha soa cara.

O prazo de admisión de orixinais pecharase o 15 de xaneiro de 2018.

Entregarase un único premio, indivisible, de 3,000 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes). O autor ou a autora recibirá, ademais, unha escultura simbólica conmemorativa do Premio Illa Nova de Narrativa. A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría.

Bases completas – Editorial Galaxia