Buscar por

III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica – 3.000 euros #portugués #gallego

Urco Editora, a Fundación Vicente Risco, Auga Editora, Âncora Editora, Sacauntos Cooperativa Gráfica, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-mundos, Pastelería Fina Rei e A Fábrica de Vilanova, convocan conxuntamente o «III Premio Antón Risco de Literatura Fantástica» coa fin de homenaxear o escritor e teórico da literatura alaricano Antón Martínez-Risco Fernández.

Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega ou portuguesa, cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos e máxima de 600.000.

O prazo de entrega remata o día 30 de outubro de 2017.

A obra gañadora será premiada con 3000 euros (suxeitos ás retencións fiscais pertinentes) e a publicación do libro.

A contía do premio considérase en concepto de anticipo polos dereitos de autoría, polo que Urco Editora, Auga Editora, Âncora Editora e demais convocantes, resérvanse o dereito de publicación da primeira edición da obra gañadora en lingua galega ou portuguesa e castelá. O/A beneficiario/a do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada en cada lingua e na adquisición doutros exemplares contará cun desconto do 50%. Asemade, a persoa gañadora do premio será convidada a formar parte do xurado na seguinte edición. Se os dereitos de autoría xerados polas vendas superasen a contía do premio, procederase a liquidar periodicamente os mesmos con normalidade.

Bases completas – Web Urco Editora